Activado o protocolo de control na gardería de Boiro trala morte dun neno por meninxite

    27

    BOIRO> O SERGAS puxo en marcha o protocolo de vixilancia e control na escola infantil do Saltiño de Boiro ante un posible caso de meninxite bacteriana. Un alumno deste centro, dun ano de idade, falecía a pasada tarde no hospital Clínico de Santiago, onde ingresara horas antes, a causa dunha infección xeneralizada. Á espera de que fontes hospitalarias confirmen se trata do meningococo B, os compañeiros do nenos falecido e os seus familiares directos, así como o persoal do centro educativo, xa comezaron a recibir o tratamento preventivo. Dende a Dirección Xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía fan un chamamento á tranquilidade explicando que neste tipo de situacións soen aparecer casos illados.