As feiras celebradas en Fexdega deixan no Salnés 4 millóns de euros

    VILAGARCÍA > Os grandes eventos realizados en 2005 no Recinto Feiral de Vilagarcía deixaron nas empresas e establecementos comerciais e hosteleiros da comarca do Salnés máis de catro millóns de euros. Así se desprende dun estudio realizado pola Fundación Fexdega entre visitantes e expositores.

     

     

    As catro feiras organizadas directamente pola Fundación Fexdega, Galinfancia, Imaginaria, Expoferta e a Multisectorial xeraron uns beneficios en Vilagarcía e no resto da comarca de 1,2 millóns de euros. Isto representa case seiscentas veces máis diñeiro do investido pola propia Fundación, que suma en total 232 mil euros. Un dato que para o xerente de Fexdega demostra que merece a pena investir neste recinto feiral.

     

     

    O balance tamén é destacable no caso doutras feiras organizadas por axentes externos, como os campionatos de billar, Acui e Festifeira, que xeraron en total uns beneficios de 2,7 millóns de euros. Neste caso, o investimento inicial dos organizadores foi de algo máis dun millón de euros.

    Redacción Salnés