CAMBADOS > As familias rumanas que residían na rúa Carreira de Cambados nunha situación de extrema pobreza poderían haber escapado sen darlle tempo a Xunta de Galicia a asumir a tutelas dos once menores. A fuxida debeu facerse con moita rapidez xa que deixaron colgada nos tendais a roupa mollada.
A Policía Autonómica da Xunta visitou a casa coa intención de identificala identidade dos once menores para que a tutela puidera pasar a Xunta de Galicia. Aínda que os axentes puideron determinar que os rapaces eran estranxeiros non atoparon nin rastro das familias polo que todo parece indicar que escaparon da vivenda. A Xunta de Galicia confirmou que os nenos non puideron ser aloxados en ningún centro xa que aínda non foron localizados. Os servizos sociais indicaron que é moi habitual que este tipo de familias pertencentes á etnia xitana se despracen con moita rapidez xa que están moi organizados por toda España. En calquera dos casos a fuxida debeuse de realizar con moita celeridade xa que aínda hoxe podíase ver a roupa mollada tendida dos tendais.
Redacción Salnés