![]()
PONTECESURES> A marcha nocturna cesureña rematou en desgracia. Un home morreu afogado nas augas do río Ulla. O falecido, Guillermo Bellod Batres, de 37 anos de idade, foi localizado por uns piragüistas despois de que se precipitará ás augas tras unha longa noite de copas.
Arredor das cinco da mañá un viandante percibiu unha persoa nadando no río. Despois de intentar comunicarse con el deu o aviso a Protección Civil e a Garda Civil de Valga que iniciaron a busca. A media mañá uns piragüistas do Club Naútico Cesureño localizaron o corpo sen vida de Guillermo Bellod, de 37 anos de idade.
Nun primeiro momento críase que se trataba dun veciño do municipio, xa que non levaba ningunha identificación. Finalmente achegouse ata as forzas de seguridade un amigo do falecido que o puido identificar. Guillermo Bellod, era natural de Madrid aínda que vivía nunha localidade da comunidade murciana. Estes días atopábase de vacacións na nosa terra cun grupo de amigos. Aínda que este é o segundo caso de afogamento despois dunha noite de copas no concello cesureño, o seu rexedor cre que estas desgracias ocorren pola propia irresponsabilidade do mozos.
Álvarez Angueira cre que malia estas tristes perdas, a marcha Pontecesureña pode definirse como tranquila e san sen esquecer os pequenos casos de vandalismo, pouco comúns neste municipio.
Redacción Salnés







