‘Móstrate’, a fiestra das emprendedoras do Salnés, chega a Meis

    MEIS> A Mancomunidade do Salnés continúa coa súa aposta pola igualdade. O vindeiro 27 de novembro, o concello de Meis acollerá o segundo Simposio “Móstrate”, unha iniciativa que busca dar a coñecer experiencias exitosas con emprendedoras como protagonistas.

     

    Que no mundo emprendedor tamén hai mulleres, e moitas, é o que quere dar a demostrar a Mancomunidade do Salnés. Por iso, o ente organiza o segundo simposio “Móstrate”.

    O simposio incluirá os relatorios de mulleres que un día decidiron lanzarse e montar a súa empresa. Desenvolvemento web, colares artesanais, repostería… todas as ideas terán cabida. Incluso contarán cunha invitada internacional.

    Tamén haberá oco para as empresas nadas no concello anfitrión. A marca “Tres pastas delicatessen” será a representante de Meis no simposio. O proxecto de María José e as súas dúas fillas naceu hai un ano e 8 meses, pero xa conseguiu levar as súas pastas de albariño a diferentes puntos de Galicia e España.

    A cita será o 27 de novembro a partires das cinco da tarde no centro multiusos do concello. A última parada do simposio será a vindeira semana en Ribadumia.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/13/simposio_cim_meis.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/13/simposio_cim_meis.mp4{/flowplayer}