Ribadumia amosa os seus segredos

    RIBADUMIA > Os veciños de Ribadumia poderán coñecer os segredos do seu Concello a través dun estudio artístico do seu patrimonio. A publicación foi presentada o sábado polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, que a cualificou como biblia local, xa que servirá como logotipo e imaxe de marca do concello.

    Segredos de Ribadumia. Estudo artístico do seu patrimonio é un traballo de Javier Montero Pérez e Belén Castro Fernández. O libro recolle en 240 páxinas a cor, centos de fotografías de pazos e casas grandes, igrexas e cruceiros ademais de hórreos ou pombais, fontes e lavadoiros que se conservan hoxe en día. O estudio tomou como base o inventario do patrimonio histórico de Ribadumia, realizado hai tres anos por Uxía Pallares, licenciada en xeografía e historia. O concello considerou necesario afondar na súa historia a través deste libro. Realizouse unha tirada inicial de 2.000 exemplares, dos cales uns 1.300 serán repartidos un por cada vivenda de Ribadumia. Redacción Salnés