Patrimonio pide explicacións a Zona Aberta por pintar un edifico catalogado

    edificio_zonaaberta_100_050907_-_still_001.jpgVILAGARCÍA > A comisión provincial de Patrimonio pediu que Zona Aberta lle explique a decoración pictórica do edificio …

    … da antiga ferraxería ‘Sobrino’ situado entre as rúas da Baldosa, Viqueira, Méndez Núñez e Romero Ortiz.

    A polémica surxíu tras unha denuncia dun veciño por esta obra pictórica do artista de Vilaxoán, Juan Carlos Platis, feita sen a autorización de Patrimonio. A iniciativa, coñecida como ‘Espacio Aberto’, é froito da colaboración entre a asociación de comerciantes de Vilagarcía, Caixa Galicia e o Concello. Hermanos Mallón, a promotora á que pertence o inmoble, cedeu temporalmente o seu uso para o desenrolo dun amplío programa aberto á cidadanía. Por iso, dende Zona Aberta quedaron asombrados ó descubrir que era un edificio catalogado.

    A presidenta de Zona Aberta, Sofía Beiras, tamén recalcou que dende a asociación de comerciantes non tiveron coñecemento de que o inmoble estaba catalogado hasta este momento e que eles fixeron a obra nesta fachada porque lles gustaba e llo permitía a promotora.

    Redacción Salnés