A loita contra o lixo mariño na Illa continuará con novas iniciativas ao longo deste ano

A ILLA> O lixo mariño preocupa e moito na Illa de Arousa. No municipio insular levan recollido dende o 2019 43 toneladas de refugallos. Detrás desta iniciativa está a Confraría insular. O pósito quere con esta acción concienciar e sinsibilizara veciños e visitantes da importancia de protexe-las costas da ameaza, sobre todo, dos plásticos.

É xa unha imaxe habitual na Illa de Arousa: mariñeiros e veciños en xeral colaborando na retirada de lixo mariño. Un problema globan que no municipio insular queren atallar concienciando e sensibilizando á sociedade. A iniciativa, impulsada pola Confraría da Illa, leva recollidas xa 43 toneladas dende o 2019.

O proxecto conseguiu mobilizar neste tempo a unha gran masa de xente, a través de distintas campañas. Darlle visibilidade a esta problemática é a segunda parte da iniciativa, pendurando as imaxes na internet.

Neste 2022 a loita contra a limpeza mariña continúa na Arousa, con varias accións que xa están a preparar. Confían tamén en que Abanca reetide o seu proxecto PLANCTON que, por exemplo, organizou esta limpeza nas praias insulares o ano pasado.

Este tipo de recollidas permiten a retirada de todo tipo de lixo, dende os problemáticos microplásticos ata botellas, rodas ou restos de aparellos de pesca.