Os técnicos auxiliares de enfermería recollen os seus diplomas no Castro Alobre

    VILAGARCÍA > O Instituto Castro Alobre de Vilagarcía clausurou a quinta promoción do ciclo de técnicos auxiliares de enfermería. O curso contou con 22 estudiantes que desenvolveron os seus estudos en dous partes, unha teórica nas aulas do centro vilagarcián e  a máis importante: a práctica no Hospital do Salnés. A partir de agora estes rapaces darán o paso ó mundo laboral.

    Arredor de 22 rapaces participaron na quinta promoción do ciclo medio de técnicos auxiliares de enfermería no Instituto Castro Alobre de Vilagarcía. O curso ten unha duración de dous anos e está dividido en dúas partes. A teórica desenvólvese nas aulas do centro e é impartida por profesores especializados, na práctica os rapaces aplican o aprendido no Hospital do Salnés con enfermos reais.

    Os auxiliares realizan labores delegadas do persoal de enfermería dedicándose case por completo, a axuda dos pacientes en canto a limpeza, comida ou mobilidade. Un sector imprescindible nos hospitais.

    Esta quinta promoción, que recolleu os seus diplomas acreditativos, iniciará unha nova andaina no mundo laboral . O ciclo é un dos máis demandados no centro xa que sempre conta cunha longa lista de espera.

    Redacción Salnés