MEAÑO> Empregar a correcta talla de roupa interior, tamén é fundamental para evitar problemas de saúde. Disto son moi conscientes en Sensualtissé, unha nova tenda de lencería en Dena, Meaño. Un establecemento que ofrece asesoramento personalizado a cada clienta.
Tras trece anos no mundo da mercería, corsetería e roupa infantil, Mistura deu paso agora a Sensualtissé. Dende Dena, en Meaño, o establecemento especializouse en lencería para todo tipo de mulleres, ofrecendo unha atención personalizada.
E é que ademais dun problema de comodidade, unha tallaxe incorrecta pode provocar problemas de saúde. Algo ao que moitas veces non se lle dá a importancia que ten, sobre todo por descoñecemento.
Ademais de acudindo ao establecemento de Dena, tamén se pode contactar con Sensualtissé a través de Internet. Ben sexa a través da súa páxina web, ben no seu perfil de Facebook.