Un morto en accidente na ponte do Terrón esta fin de semana

    VILANOVA > A nota tráxica da fin de semana lévanos ata a ponte do Terrón: un mozo da Illa de Arousa faleceu esta fin de semana ó perder o control do seu vehículo en Vilanova. O sinistro obrigou a cortar a vía durante unha hora na mañá do luns mentres os operarios municipais colocaban a barreira de seguridade para permitir o paso de viandantes pola zona.

    accidenteilla_300_250906.jpgO que ven na foto era o aspecto que presentaba o quitamedos da ponte do Terrón tralo sinistro ocorrido na mañá do domingo e que se saldou co pasamento de Santiago Cores Mougán. O impacto do vehículo contra as vallas laterais provocou que a ponte quedara inutilizable durante 24 horas para os viandantes. O Opel Zafira conducido polo finado saia da vía ás 11.45 da mañá do domingo pola marxe esquerda e chocou coa barreira de seguridade. Anque o impacto non foi moi forte, o mozo non levaba posto o cinto de seguridade.

    Os axentes da Policía Local comprobaron que tralo impacto o habitáculo do vehículo estaba intacto, pero dentro xacía o corpo sen vida do illeño, polo que os servizos médicos só puideron certificar a morte e agardar a chegada do xuíz para levantar o cadáver. A agrupación de voluntarios de Protección Civil de Vilanova de Arousa participou por primeira vez nun accidente con saldo mortal dende que comezara a funcionar ó longo do pasado verán. O pub Tarot permanecía pechado despois do pasamento do mozo. Era unha persoa moi coñecida na zona, polo que a nova do seu mortal accidente chegou de seguido a todos los recunchos do municipio arousán e ata o lugar dos feitos desprazáronse decenas de familiares e amigos. O finado foi soterrado na tarde do luns.

    Redacción Salnés