A xoiería Cardy última vítima da vaga de roubos

    O GROVE> Os feitos aconteceron na madrugada do sábado pero non trascederon ata onte. A Garda Civil xa detivo ó autor

    {flowplayer}images/salnes/RouboXoieriaGrove_131112.flv{/flowplayer} 

    Ás 4:27 da madrugada do sábado ó domingo saltaba a alarma da xoeiría Cardy, situada na céntrica rúa Castelao. O tempo de respota da Garda Civil, que en apenas tres minutos personouse no lugar dos feitos, impediu que o ladrón, un xoven grovense, obtivera un botín maior. Foi quen de romper un pequeno escaparate e levarse uns 40 artículos, se ben as presas fixeron que perdera moitos polo camiño, incluído no taxi que colleu posteriormente para darse á fuga.

    Os propietarios recoñecen que entre desperfectos e material o perdido é moito. Sen embargo a preocupación é maior por medo a que volva a repetirse un suceso así, xa que segundo apuntan, a xustiza non é efectiva neste tipo de casos. 

    Con este increméntase o número de roubos no Grove, onde a preocupación é cada vez maior. Con todo, os propietarios da xoiería Cardy agradecen a rápida intervención da Garda Civil á hora de dar caza ó xoven ladrón, apenas minutos despois de producirse o roubo.

    Redacción Salnés