Ourense FS gaña o Torneo Cervecería El Puerto en Portonovo

SANXENXO > O Ourense Fútbol Sala demostrou a súa superioridade e proclamouse campión sen problemas no segundo Torneo Cervecería El Puerto, disputado esta fin de semana en Portonovo. Na categoría sénior tomaron parte os dous equipos locais, ademais doutro División de Prata, o Puerto Celeiro, de Viveiro.

O pavillón de Baltar, en Portonovo, acolleu esta fin de semana a segunda edición do Torneo Cervecería El Puerto que reuniu na categoría sénior a dúas escuadras da División de Prata, o Ourense o Puerto Celeiro, ademais dos equipos locais Hermanos Barbeito, que milita en primeira Nacional A, e o Portonovo, da Liga provincial de Pontevedra.

Á final chegaron o Ourense e o Hermanos Barbeito nun encontro no que os locais opuxeron unha forte resistencia. Sen embargo, o Ourense fixo valer a súa condición de equipo de nivel e conseguiu unha folgada goleada, marcando ata en catro ocasións nos minutos finais de partido, ante a desesperación do meta Iván. O resultado final, 1-7, que lle valeu para proclamarse campión deste torneo. Hermanos Barbeito quedou segundo, Puerto Celeiro, de Viveiro foi terceiro, e pechou a clasificación o Portonovo.

Na categoría xuvenil disputouse un triangular no que resultou vencedor Puerto Celeiro, segundo o Ourense Fútbol Sala, e terceiro o Lobelle, de Santiago. A organización tamén entregou un trofeo á deportividade ós equipos formados por discapacitados da asociación Juan Vintetrés de Pontevedra.

Redacción Salnés