O Extrugasa afronta o partido do sábado como unha final

baloncesto250_220109.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa está a preparar a conciencia o encontro máis importante do que vai de ano, o que lle vai enfrontar esta fin de semana ó Estudiantes en Fontecarmoa. Aínda que queda moita liga, unha derrota podería complicar moito a salvación do conxunto vilagarcián. Iso será o que tratarán de evitar o sábado.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_220109.flv{/flowplayer} 

Duelo de urxencias, pero de poder a poder. Por fin tódalas xogadores están dispoñibles no Extrugasa, ó igual que o Estudiantes, que acude ó partido sen baixas.

Os dous equipos que peor xeira de resultados arrastran se enfrontan nun encontro que semella máis importante para as vilagarciáns que para as madrileñas, que agora suman unha victoria máis. Ademais, as once derrotas consecutivas pesan moito, sobre todo a última, no derbi ante o Celta, polo xeito no que chegou.

Se o Extrugasa caese derrotado serían xa dous triunfos os que debería recuperar o conxunto vilagarcián para optar á salvación, tres se perde o basketaverage. Queda moito, pero o técnico catalán non ten dúbidas, cataloga o encontro do sábado como unha verdadeira final.

O rival é un recén ascendido á categoría e presume de ter un dos planteis máis xóvenes de toda a Liga. Esa xunventude e o descaro co que afrontan os encontros, será un arma de dobre fío.

Con todo, será importante o apoio dunha afección que está a sufrir moito este ano e que ten gañas de ver as novas fichaxes, Turek e sobre todo Iziane Castro. O equipo precisa o sábado ós seus siareiros para intentar sumar en Liga o primeiro triunfo en Fontecarmoa deste ano.

Redacción Salnés