![]()
SALNÉS> Non foi unha xornada demasiado positiva para os conxuntos do Salnés. Tan só puido vencer o Ribadumia, que se impuxo na Senra e pola mínima ó Celanova. Na Terceira Céltiga e Vilalonga acadaron sendos empates na casa, moi meritorios.
{flowplayer}images/salnes/futbol_191009.flv{/flowplayer}
Punto traballado o do Céltiga (1-1). Enfronte tivo un Alondras que dominou durante boa parte do encontro pero que non soubo sentenciar cando tiña vantaxe no marcador. Os primeiros compases do partido foron igualados, con ocasións para uns e outros. Primeiro sería Edgar quen o probaría dende lonxe. A réplica deuna Victor Uhía, primeiro cun zurdazo que se iría alto e logo tras rematar fóra un bo servicio de Manuel.
Cando máis asentados parecían estar os da Illa, chegou o tanto visitante. O pichichi Santi Domínguez servíu un coiro ó corazón do área onde estaba situado o canteirán Jacobo, que resolveu con clase. Era o minuto 19.
A partir de ahí o Alondras desfrutou dos seus mellores minutos de futbol, dominando a un Céltiga que semellaba no ter reacción. Sí que a tivo tralo descanso. A base de empuxe e dun gran traballo colectivo en defensa, sobre todo tapando o xogo dos visitantes en medio campo, chegou o empate. Adrián, a dez para remate, colocaba o 1-1 definitivo, un punto positivo ante un rival difícil.
Mesma lectura ten que facer o Vilalonga do seu encontro ante o Ourense (0-0). Faltaron á cita os goles nun partido que tivo dúas partes ben diferenciadas: a primeira foi para os visitantes e a segunda para os locais, que puideron adiantarse no marcador en varias ocasións.
Jesús tivo dúas oportunidades, con lanzamentos dende fóra da área, aínda que a máis clara estivo nas botas de Diego Blanco, que non puido resolver un man a man e ante a saída de Berto mandou fóra o seu remate.
Un punto que deixa o Vilalonga en metade baixa da táboa decimoterceiro con 10 puntos. A semana que ven volve a ter un compromiso moi complicado ante o Narón, en Ríoseco.
RIBADUMIA, ÚNICO QUE GAÑA NA PREFERENTE SUR
Na Preferente Sur non se pode decir que fose unha boa xornada para os representantes do Salnés porque tan só o Ribadumia foi quen de vencer. Os de Carducho gañaron por 2-1 ó Sporting Celanova grazas a un tanto de Lucas no minuto 90 que os saca esta semana dos postos de descenso.
Deixan por debaixo a Sanxenxo e Cambados. Os de Carregal caeron por 2-1 ante o Marín despois de ir por diante no marcador e encaixar o segundo tanto na prolongación. O Sanxenxo pola súa parte empatou a un gol co Choco e ocupa praza de descenso.
Ademais esta semana deixounos a segunda derrota consecutiva do Arousa que se alonxa dos postos de cabeza tras caer co Pontellas por 3-0 nun mal partido dos de Ricardo. Tamén perdeu o Portonovo, o sábado no campo do Covadonga pola mínima, 1-0.
Redacción Salnés







