Ruíz solicita un incremento de persoal no Parque de Bombeiros de Ribeira

    RIBEIRA > O grupo municipal do PP vén de solicitar un incremento de persoal no Parque de Bombeiros de Ribeira, debido ó importante número de actuacións que ten realizado dende a súa posta en marcha. Actualmente, traballan nesta subsede doce bombeiros, polo que na maioría de intervencións é precisa a colaboración do persoal de Boiro.

    O bo funcionamento do parque de bombeiros de Ribeira levou ó grupo municipal do PP a presentar unha iniciativa solicitando a dotación de novo persoal. Esta unidade leva realizado dende a súa creación preto de trescentos intervencións, case o doble da sede situada en Boiro.

    Os populares consideran que o persoal co que conta actualmente o parque ribeirés, doce bombeiros, non é suficiente xa que na maioría das saídas teñen que solicitar a colaboración do persoal de Boiro, descoidando así outros municipios que poidan precisar dos seus servizos. Por este motivo, o tenente alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, cre necesario a incorporación de seis bombeiros á plantilla, equiparándose deste xeito á sede boiresa.

    Manuel Ruíz expresou a satisfacción do equipo de goberno ante o bo servizo que presta a unidade de bombeiros que conta ademais con equipamentos moi útiles e eficaces. Por este motivo, é necesaria a ampliación do cadro de persoal para sacarlle partido a tódolos medios dos que dispón a subsede do parque comarcal.

    Redacción Barbanza