A POBRA> O centro sociocomunitario da Pobra volve poñer en marcha unha nova edición do programa envellecemento activo. Ofértanse 30 prazas para os obradoiros que inclúen tamén sesións de musicoterapia.
O programa de envellecemento activo é unha das actividades con máis éxito das promovidas polo centro sociocomunitario. Ten por obxectivo favorecer a autonomía das persoas maiores co obxectivo de que vivan no seu entorno o máximo posible e sigan a formar parte activa da sociedade.
O programa componse dos talleres de envellecemento activo e de musicoterapia. desenvolveranse en dous semestres.
Ofertaranse un total de 30 prazas. Os interesados poden anotarse a partir de mañá no propio centro sociocomunitario.