SANXENXO > Sanxenxo foi esta fin de semana o escenario dunha historia máis propia de película que de verdade. Unhas veciñas do municipio foron asaltadas no seu propio domicilio mentres durmían. Dous individuos encapuchados entraron, amordazáronas e levaron consigo unha caixa de caudais.
Tras percatárense da presenza de intrusos no fogar as dúas mulleres foron ameazadas con arma branca polos individuos que rapidamente as amordazaron con cinta adhesiva de embalar. Xusto despois rexistraron todo o piso ata que deron cunha caixa de caudais que levaron consigo.
Tras lograr desatarse e despois de que os individuos se foran deron aviso á Garda Civil para denunciar o acontecido. Os axentes personáronse rapidamente no lugar para buscar probas que identifiquen ós atracadores.
Redacción Salnés