Un parque de atraccións para Cambados en Nadal

    CAMBADOS> En Cambados, programación especial para os máis pequenos nestas datas tan especiais. Un parque de atraccións infantil está  instalado dende o día 23 e ata o vindeiro día 31 de decembro  no Salón José Peña para que os nenos do municipio poidan divertirse fóra da casa.

     

    Inchables, obradoiros e xogos populares. Os nenos de Cambados poderán participar durante os días de Nadal no parque de atraccións que os comerciantes de Cambados Zona Centro teñen instalado no Salón José Peña.

    Como facer unha tarxeta de felicitación de Nadal, un marcapáxinas de boneco de neve ou poder enviar a carta a Papá Noel dende un caixa de correos máxica con conexión directa ao Polo Norte son algunhas das actividades que poden facer os máis pequenos da casa que se acheguen ata Cambados, pero sen dúbida a estrela deste parque de atraccións en miniatura son os inchables.

    Nesta iniciativa participan tamén os mozos dun obradoiro de emprego de animación infantil do Concello e xunto coa empresa de animación Illa dos nenos crearán o vindeiro día 31 un fin de ano adiantado para os nenos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/24/salon_xogos_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/24/salon_xogos_cambados.mp4{/flowplayer}