Catoira clausura o obradoiro de emprego Fonte Gaiteira

    diplomacatoira100_001.jpgCATOIRA > Catoira foi o segundo concello no que o delegado provincial de Traballo asistiu hoxe para a clausura dun obradoiro de emprego.

    Xunto co alcalde, Pedro Borrajo, fixeron a entrega dos diplomas ós  alumnos do obradoiro Fonte Gaiteira. O vindeiro taller formativo na vila comeza este venres.

    Dos 38 alumnos que recolleron hoxe os diplomas acreditativos do último obradoiro de emprego organizado polo concello de Catoira, hai 35 mulleres e tan só 3 homes. Todos cunha idade media comprendida entre os 40 anos de idade. Un dato que subliñou o delegado provincial de traballo, Pedro Borrajo, xa que este sector é un dos que máis dificultades atopa á hora de buscar emprego. Os datos que manexa a Consellería de Traballo din que un 70 por cento dos persoas que rematan cursos deste tipo conseguen atopar emprego na especialidade que cursaron.

    Nesta ocasión, impartíronse as ramas de xardinería, carpintería e albanelería. Unhas especialidades que non desanimaron ós alumnas e alumnos da escola-taller, tanto polo tipo de formación como polas posibilidades de atopar emprego. Os profesores tamén de xeito positivo a formación adquirida polos alumnos. Algúns dos cales xa optaron polo autoemprego, coa posta en marcha dunha empresa de xardinería.

    O alcalde de Catoira, Alberto García, agradeceu a colaboración da consellería de Traballo, que investiu algo máis de 700.000 mil euros na escola-taller. Ámbalas dúas institucións tamén fixeron un balance positivo do obradoiro. O resultado da aprendizaxe adquirida durante este ano pódese observar na restauración do muíño da Fonte da Gaiteira, ou na rehabilitaron dos sendeiros dos ríos San Cibrán e Catoira.

    Ademais do de Catoira e Pontecesures, hoxe tamén se clausurou o quinto obradoiro de emprego do concello de Vilagarcía, no que se impartiron os módulos de electricidade, fontanería, carpintería, albanelería e xardinería.

    Redacción Salnés