RIBEIRA > A Xunta de Goberno Local de Ribeira aprobou licencias no último mes para máis de 150 vivendas no municipio. Ademais de Ribeira, as parroquias que rexistran unha maior actividade urbanística son Castiñeiras, Aguiño e Corrubedo.
Segundo se desprende dos datos facilitados dende o propio concello nos que se amosa o dinamismo que se está a rexistrar no municipio, onde no último mes se aprobaron máis de 150 licencias para vivendas, Ribeira estase a consolidar como un foco de investimento tanto para a adquisición dunha vivenda como para a implantación dun negocio.
Ademais de edificios e vivendas unifamiliares, tamén se aprobaron licencias para naves industriais ou ampliación de locais de negocios, entre outros.
Ademais do casco urbano de Ribeira con especial incidencias nas zonas de Abesadas e na Avenida da Coruña, as parroquias que rexistran unha maior actividade económica son Castiñeiras e Aguiño, seguidas de Corrubedo, Palmeira e Carreira.
Redacción Barbanza