O Consello Escolar insiste na necesidade dun novo colexio

    conselloescolar.jpgBOIRO> O Consello Escolar Municipal celebrou a súa segunda reunión despois de que se constituíra oficialmente o pasado mes de maio.

    {flowplayer}barbanza/conselloescolar.flv{/flowplayer}

    Na asemblea abordouse a necesidade da construción dun novo centro educativo dadas as necesidades de escolarización do municipio. O consello acordou retomar as conversas coa Consellería de Educación despois de que os terreos ofrecidos inicialmente polo concello para o novo colexio fosen insuficientes.

    Algunhas voces suxeriron como posible emprazamento para este novo centro, o solar onde se ubican as vivendas dos mestres ó carón do colexio de Praia Xardín, o consello escolar acordou instar á Consellería a que se paralice a adxudicación destas vivendas que se atopan en mal estado para nun futuro proceder á súa desafectación.

    Reivindicación de máis profesorado

    A redución do profesorado é tamén un tema que preocupa ós membros do consello que acordaron remitir un escrito de protesta á administración.

    Outros temas abordados foron a ampliación da oferta de ciclos formativos e das liñas de transporte escolar así como a realización dun mapa dos recursos educativos cos que conta o concello. A estes engádese a Aula Mentor do Ministerio e a Aula de Educación Secundaria para Adultos que están a funcionar con grande éxito en Boiro.

    Redacción Barbanza