A Xunta adapta o transporte entre Noia e Ribeira ó horario dos centros educativos

NOIA> Tralas demandas dos centros educativos, a Xunta acordou adaptar o horario dos autobuses entre Noia e Ribeira para reducir as esperas á saída dos institutos. O cambio, polo que a liña adiantará a súa saída de Noia, farase efectivo este venres.

Máis dunha hora víanse obrigados a agardar os estudantes noieses tralo remate da xornada lectiva para coller o autobús de volta ós seus domicilios. Ante as queixas formuladas polos escolares, a Xunta acordou adaptar os horarios de xeito que adiantarán a súa saída ás tres e cinco da tarde. este cambio farase efectivo a partir de mañá día 12.

Con esta medida, a Consellería de Educación atende as solicitudes dos centros educativos axustando o funcionamento do transporte público á súa xornada lectiva de xeito que se facilitan os desprazamentos do alumnado entre Noia, Porto do Son e Ribeira.

Esta liña enmárcase no contrato de concesión para o comarca do Barbanza que entrou en vigor o pasado 23 de decembro. Nese momento, fixouse o horario de saída para as tres e media para atender o traslado dos estudantes ó tempo que dera servizo a outros posibles viaxeiros. Sen embargo, unha vez implantado o servizo constatouse que a maior parte dos usuarios do traxecto son estudantes polo que optouse pola adaptación do horario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí