![]()
POBRA > A ubicación da futura sede social do Club Náutico da Pobra segue a xerar polémica entre os distintos sectores do porto. O Patrón Maior da Confraría, Manuel Maneiro, compareceu en rolda de prensa para expresa-la necesidade de consenso á hora de elexir o mellor emprazamento das novas instalacións. Neste sentido, o representante da Confraría vén de manter unha reunión co presidente de Portos de Galicia, á que tamén asistiron o alcalde e o presidente do Club Náutico.
A primeira proposta formulada polo Club Náutico de situar a súa nova sede no muelle antigo non convence ó sector productivo da Pobra xa que suporía unha ocupación de parte do espazo que utilizan na actualidade para desenvolver o seu traballo. Neste sentido, o Patrón Maior da Pobra considera que os representantes do Club deberían ter debatido o tema cos distintos sectores implicados antes de presenta-la proposta.
O obxectivo da reunión mantida co presidente de Portos de Galicia é buscar unha alternativa que permita a construción do edificio recreativo sen que supoña prexuízo para os traballadores portuarios. Entre as principais propostas barállase a posibilidade de ubica-las instalacións na nova explanada onde existe espazo suficiente. Será Portos de Galicia quen teña que estudar esta opción e decidi-lo emprazamento, previo consenso dos sectores implicados, tanto o Club Náutico como os acuicultores a marisqueiros.
Manuel Maneiro quixo deixar xlaro que, en ningún momento, a Confraría se opón á construción da sede do Club Naútico posto que é preciso o desenvolvemento do Porto en tódolos aspectos. O colectivo soamente condiciona a súa construción a que se ubique nun espazo no que non se prexudique ós demais colectivos que operan no porto.
Redacción Barbanza








