Pontevedra xa conta cunha aula CeMIT para formar nas TIC

    cemit_pontevedracopy.jpgPONTEVEDRA> O Conselleiro de Presidencia estivo na súa inauguración. Este espazo, con sistema de vídeo conferencia, súmase ós 98 xa existentes.

    {flowplayer}images/salnes/AULA_CEMIT_DEPUTACION.flv{/flowplayer}

    Facilitar o acceso ás novas tecnoloxías a tódolos galegos por igual. Esta é a finalidade da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión tecnolóxica, a rede CeMIT. Nestes momentos está presente en 92 concellos con 98 aulas.

    Desde esta semana son os veciños da comarca de Pontevedra os que poderán ter acceso a unha destas aulas tras ser habilitada no edificio administrativo da Deputación. Trátase dun espazo equipado con 28 postos informáticos e dotado cun sistema de vídeo conferencia. Un exemplo, segundo o Conselleiro de Presidencia, de colaboración entre administracións no que a Xunta investiu 82.000 euros, cofinanciados con Fondos Feder.

    Esta Rede conta ademais cun Plan de Formación que neste ano triplica a oferta do ano pasado con tres mil cursos gratuítos. E dado a necesidade da Internet, Rueda falou tamén o Plan de Banda Longa posto en marcha polo goberno galego. Un Plan, que na provincia de Pontevedra permitiu dar cobertura ó 98% da poboación.

    Pola súa banda, o Presidente da Deputación de Pontevedra amosou, tamén, o seu compromiso coas novas tecnoloxías. Mostra delo, dixo, son os 30 millóns de euros que desde esta administración se inverteron neste área nos últimos tres anos.

    Rueda subliñou, finalmente, que investir nas TIC redundará nunha mellora a nivel económico e produtivo para Galicia.

    Redacción Salnés