A adega Bouza do Rei consigue o premio ó mellor branco de España

    RIBADUMIA> A adega Bouza do Rei foi a gañadora do primeiro premio da revista “vivir el vino”. A marca de viño rías baixas, bouza de castel, obtivo a máxima puntuación de todos os viños brancos españois catados. Un premio que amosa unha vez máis a grande calidade destes caldos.

    Castel de Bouza da adega Bouza do Rei foi o catalogado como o mellor viño branco español na guía  “vivir el vino”. Despois dunha cata cega na que participaron os mellores catadores do país este caldo da denominación de orixe rías baixas obtivo 90 puntos dos cen que se poñían en xogo. Un prestixio que se ven a amosar a calidade destes caldos.

    Xa no mes de agosto a adega Bouza do Rei acadou o segundo premio na  Festa do Albariño de Cambados polo que este novo galardón da un novo impulso a adega para seguir traballando en prol dos caldos de calidade.

    Redacción Salnés