![]()
O GROVE> Inquedanza na Confraría do Grove ante o incremento do furtivismo nas últimas semanas.
{flowplayer}images/salnes/quendas_vixilancias_percebeiros.flv{/flowplayer}
Uns roubos de percebe que os 30 profesionais posuidores de permex non son quen de atallar, por eso piden axuda ós distintos corpos de seguridade e á Administración autonómica.
Esta tarde reuníronse na Confraría preto dos 30 percebeiros legais do Grove para terminar de axustar as quendas de vixilancia. Con todo, a súa acción non chega e mesmo nalgúns casos teñen que arriscar o seu tipo ante os furtivos, polo que reclaman axuda nestas labores contra o furtivismo.
E é que o que máis preocupa ós percebeiros mecos non é o percebe que rouban senón o que estragan cas raspetas cas que traballan os furtivos: son máis grandes pero menos precisas, co que apañan máis pero danos a futura campaña.
Así as cousas, non se cree que vaia a ser posible ampliar o número de permisos de explotación no Grove, a pesares de que xa hai xente formada no oficio.
Redacción Salnés









