![]()
VILAGARCÍA> O recinto feiral de Fexdega inaugurou o primeiro festival gastronómico luso- galaico. Trátase dunha aposta culinaria na que participan seis restaurantes de Portugal e dous da comunidade galega. Enmarcado na quinta edición do salón da panadería, Sippa 2006, o público poderá degustar unha importante variedade de pratos a prezos moi populares.
Enmarcado na celebración da quinta edición do Salón De Panadería, pastelería e Industrias Afines, Sippa, abriu as súas portas o Festival Gastronómico Luso Galaico. Trátase dunha aposta culinaria na que participan seis restaurantes de Portugal e dous da comunidade galega para ofrecer o público unha variada proposta gastronómica a prezos populares.
O salón estará aberto ata o vindeiro domingo de once da mañá á doce da noite. O sábado celebrarase o día de Portugal onde se darán as distincións ós embaixadores gastronómicos lusos e galegos e crearase a primeira confraría luso galaica de gastronomía.
Redacción Salnés







