Tomás Fole solicita a convocatoria do Consello Económico para abordar o proxecto “Vilagarcía Avanza”

    VILAGARCIA> Tomás Fole solicita a convocatoria do consello económico e social para abordar ideas do proxecto “Vilagarcía Avanza”, que acaba de recibir unha achega de 5 millóns de euros de fondos europeos. O popular manifestou este mércores non fiarse do goberno socialista, e segundo matizou, e menos con esta “chuvia de millóns”.

     

    O PP insta a que o goberno local convoque o Consello Económico e Social para abordar as inversións dos máis de 6 millóns de euros procedentes dos Fondos FEDER e da achega do concello, no proxecto “Vilagarcía Avanza”.

    O portavoz popular, Tomás Fole, expresou o seu temor de que pase como co proxecto de Luz Salgada, pregúntase de onde vai sacar o executivo o 1,2 millóns de euros que ten que aportar e lembrou de novo a herdanza recibida, e afirmou non fiarse do goberno socialista.

    Ademais durante a súa exposición, sinalou con respecto a polémica de Fexdega, que dende o Partido Popular nunca se afirmou que Callón metera a man na caixa do Patronato, senón que se falou de apropiación de funcións do edil. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/05/fole_fondos_feder_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/05/fole_fondos_feder.mp4{/flowplayer}