O novo regulamento de vivenda permitirá a rehabilitación dos baixos comerciais

    CAMBADOS> A directora xeral de Vivenda e Solo , Encarna Otero, visitou o concello de Cambados para transmitir o novo regulamento sobre a restauración de vivendas. Deste xeito puido comprobar in situ diferentes edificios rehabilitados e pendentes da obra que lles devolva o seu estado orixinal.

    A directora xeral de vivenda e solo, Encarna Otero, informou ós técnicos de rehabilitación de vivendas do concello de Cambados da coordinación entre todas as oficinas técnicas de Galicia. Ademais tivo a oportunidade de anunciar a ampliación da ordenanza na  rehabilitación dos baixos comerciais.

    Por outra banda a directora xeral informou do plan de axudas para os mozos cara a adquisición dunha nova vivenda. Os interesados poden acudir as oficinas que están situadas preto dos xulgados do concello.

    Redacción Salnés