Sanxenxo sanciona de novo os botellóns na praia

    bandeira_foxos100.jpgSANXENXO> A alcaldesa, Catalina González, presidiu este mediodía o acto de izado das 13 bandeiras azuis outorgadas a este concello.

    {flowplayer}images/salnes/bandeira_foxos.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, izou a bandeira azul na praia de Foxos, acompañada por outros concelleiros do equipo de goberno.

    A esa mesma hora, tamén se izaban as outras doce bandeiras coas que conta este concello, colocándose por sétimo ano consecutivo, como o municipio español que máis bandeiras azuis recibiu. A alcaldesa destacou o esforzo que supón o mantemento destas trece bandeiras, unha inversión que ronda os 600.000 euros só na tempada de verán e que, case de xeito íntegros, son aportados polo propio concello con pequenas axudas procedentes da Consellería e da Deputación.

    González recordou que este será o segundo ano no que se aplique o reglamento do botellón, co fin de manter as praias e as rúas de Sanxenxo en perfecto estado chegando a impor sancións naqueles casos nos que sexan precisos. A pesares da crise e do baixón no sector turístico que esta está a deixar, a alcaldesa augura un bo verán sobre todo para o turismo de proximidade.

    Redacción Salnés