![]()
GROVE> O fixeron afectados por estes produtos ás portas das dúas sucursais de Novagalicia Banco. Ademais, na protesta reclamaron de novo os seus cartos.
{flowplayer}images/salnes/PREFERENTES_GROVE_280912.flv{/flowplayer}
Uns oitenta afectados polas preferentes deixaron patente ás portas das dúas sucursais de Novagalicia Banco no Grove que non van cesar no intento ata conseguir que lles devolvan os seus cartos. Retoman as mobilizacións con forza pero cansos, confesaron, de que non atendan as súas peticións. Así mesmo, denunciaron a manipulación que se está a facer do sistema do arbitraxe. Aseguran que só están chamando a uns poucos para calar a voz de todos.
E é que o certo é que aínda que nun principio moitos rexeitaban o arbitraxe agora están dispostos a asumilo para cando menos recuperar parte do seu diñeiro. Aínda así, o que desexan todos é simplemente que llo garanticen.
Con todo, malia estar fartos desta situación, estes afectados polas preferentes no Salnés aseguraron que van seguir protestando ata conseguir o que é seu. Continuarán coas manifestacións as próximas semanas, incluso, en campaña electoral.
A vindeira manifestación á que acudirán será a de Vigo, prevista para o catro de outubro.
Redacción Salnés










