VILANOVA > Desde a confraría de Vilanova chove duras críticas contra a conselleira Carmen Gallego. Neste pósito mantéñense varias frontes abertas contra Pesca, as eleccións paralizadas na confraría desde hai seis meses, o cambio de directiva na agrupación de a flote, e agora as axudas do Prestige.
O patrón maior de Vilanova, Eduardo Martínez, asegura que nesta confraría quedaron fóra das axudas do Prestige 80 persoas. Nestes momentos estudian cos avogados se presentar algunha denuncia xa que ademais falan de inxustiza e discriminación no reparto das subvencións. Eduardo Martínez mesmo asegura que ‘no pobo da Conselleira –Vilaboa- as mariscadoras cobran todas máis de 400 euros e aquí 181’.
As relacións coa nova conselleira de Pesca non son boas desde a paralización das eleccións da confraría, hai xa seis meses. O asunto será elevado ó Parlamento polos deputados autonómicos do PP que este xoves se reuniron co actual cabildo. Os populares solicitarán a comparecencia do secretario xeral da consellería para que explique os motivos desta paralización. José Manuel Balseiro, voceiro de Pesca do PP considera que ‘hai un pouco de escurantismo’ no procedemento da consellería.
Outro litixio con Pesca é a renovación da directiva da Agrupación de Marisqueo a Flote. O patrón maior informou que xa se rectificou a Xunta Xestora, que ten cinco días para nomear a comisión electoral.
Redacción Salnés