![]()
VILAGARCÍA> O máis destacado foi o da industria cun respaldo segundo eles do 40 por cento. Malia todo, na maioría das empresas respirábase normalidade.
{flowplayer}images/salnes/FolgaCigSalnes.flv{/flowplayer}
Segundo o secretario comarcal da Ciga, Xoan Xosé Bouzas e para o portavoz comarcal do BNG a asistencia á manifestación foi moi positiva, cun gran seguimento. A pesares da chuvia que acompañou a marcha durante todo o recorrido pero non impediu que os manifestantes saíran á rúa.
A concentración tomou aínda máis forza despois do principio de acordo ó que chegaron os sindicatos maioritarios e o goberno esta madrugada segundo o cal os traballadores terán que ter 38 anos e medio cotizados para xubilarse ós 65 anos conservando a pensión completa. Cifras que están a medio camiño entre os 39 e medio que propoñía o goberno e os 38 dos sindicatos. Ó resto dos traballadores terán que ter 37 anos citizados para xubilarse ós 67. A ciga tacha este acordo de burla.
A pesares da boa acollida da manifestación a folga non tivo un respaldo tan positivo. No polígono do Pousadoiro a situación era de normalidade relativa. Tódalas empresas estaban en funcionamento e todos coincidían en que non houbera problemas cos piquetes aínda que algúns por precaución modificaron as súas actividades normais de traballo.
Aínda que a maioría dos traballadores se negaba a facer declaracións todos coincidían en que apenas houbera seguimento da folga.
A pesares dos esforzos da CIG porque tanto comerciantes coma hostaleiros secundasen a folga, a verdade que a xornada de hoxe pouco se saíu do habitual. Nos bares e cafeterías de Vilagarcía a rutina era a de cada mañá. Os seus propietarios argumentaron que nos tempos que corren non se poden permitir pechar os seus establecementos.
No caso dos comerciantes, aínda que moitos non quixeron facer declaracións ó respecto, os que si o fixeron sinalaron que foi unha folga moi pacífica así coma o tratamento por parte dos piquetes. A maioría só pecharon as súas portas desde as doce do mediodía, hora na que comezou a manifestación. Unha vez que se disolveu a concentración que se celebrou na praza de Galicia os comercios abriron de novo os seus negocios ó público.
Redacción Salnés







