VILAGARCÍA > Extremar as medidas de seguridade, é a decisión dos pubs da zona lúdica da TIR de Vilagarcía para rematar co vandalismo nesta zona as fins de semana. Os propietarios dos establecementos cren que os incidentes na noite vilagarciá son illados e aseguran ter localizados ós grupos conflictivos.
Os actos vandálicos das últimas fins de semana na zona lúdica da TIR de Vilagarcía non deixaron impasibles ós propietarios dos pubs. Deste xeito consideran necesario extremar as medidas de seguridade para que actos coma os ocorridos na madrugada do pasado sábado, nos que un mozo resultou ferido de gravidade trala malleira producida por un grupo conflictivo, non se volvan repetir.
Entre as actuacións que se levarán a cabo destaca a coordinación de todos os establecementos para prohibir a entrada en calquera dos pubs desta zona ós grupos conflictivos de Vilagarcía. Ademais establecerase unha estreita colaboración entre Concello, Policía Local, Policía Nacional e pubs para vixiar os actos vandálicos da movida fora das instalacións.
Aínda que se traballará na erradicación da violencia, os pubs lembran que Vilagarcía se atopa entre as primeiras cidades máis seguras de Galicia e que a zona lúdica a TIR é un lugar modélico de movida nocturna.
Redacción Salnés