Expobaixas abre as súas portas con altas expectativas de venda

    PONTEVEDRA > A mañá do venres abrías as súas portas a terceira edición da feira de oportunidades Expobaixas en Pontevedra. Diversas autoridades inauguraron un total de 87 stands de comercios de toda a provincia que poñen á venda os seus stocks a prezos irresistibles.

    Ducias de persoas facían cola na entrada para seren os primeiros en acceder ó recinto e facerse cos mellores productos da feira antes incluso de que chegaran as autoridades a formalizar a inauguración dunha feira que este ano contou cunha alta participación de comercios que prevén aumentar, como pouco, a cifra de visitantes.

    Moitos descontos, superiores incluso o 50 por cento, son un dos principais reclamos e onde os vendedores poñen as súas maiores esperanzas de venda: o abanico de productos que se poden atopar son moitos, pero a gran maioría son productos téxtis, de moda, fogar e complementos.

    Redacción Salnés