Sippa ofrece en Fexdega todas as innovacións do sector do pan

    VILAGARCÍA> Fexdega as súas portas para acoller a quinta edición do salón de panadería, pastelería e industrias afíns, Sippa. A delegada da consellería de industria en Pontevedra, Montserrat Prado, fixo os honores de inaugurar unha feira que subliña a calidade dun producto indispensable nas mesas galegas: o pan.

    O pan é o protagonista estes días no V Salón da panadería, pastelería e industrias afíns, Sippa. Xa na época grega e romana subliñábase na sociedade as características positivas  deste producto. Dende aquela a hoxe foron moitas as innovacións tecnolóxicas que fixeron máis sinxela a labor dos panadeiros e empresarios deste sector. Sippa, que se desenvolverá no recinto feiral de Fexdega en Vilagarcía durante toda a fin de semana ven a amosar a calidade deste producto. Paralelamente celebraranse unhas xornadas técnicas para a mellora do sector.

     

     

    Hoxe a encargada de inaugurar este salón foi a delegada de Pontevedra da consellería de industria, Montserrat Prado quen destacou a importancia destes eventos que amosan as últimas innovacións do sector. Do mesmo xeito  comprometeuse a traballar arreo para conseguir unha mellor calidade dos productos. 

    Agora só queda visitar esta feira onde tamén se poderá degustar diferentes clases de pans feitas polos expositores, ademais de descubrir moitas mais sorpresas gastronómicas no salón luso galaico que acompaña a Sippa este días.

    Redacción Salnés