![]()
VILAGARCÍA> Os traballos de humanización comezarán en outubro e se paralizarán en decembro polo Nadal.
{flowplayer}images/salnes/PEONALIZACION_RUA_CASTELAO.flv{/flowplayer}
Esta imaxe, de automóbiles percorrendo a rúa Castelao e aparcados ás súas beiras, ten os días contados. O concello iniciará o mes que ven as obras de peonalización desta céntrica zona, co que da un paso máis na iniciativa de Humanización do entorno do Río Con. Unha obra que conta co apoio das asociacións de hostaleiros e comerciantes.
Onte, o concelleiro de Xestión do Territorio, Marcelino Abuín, mantivo unha reunión con representantes do sector. Consensuar e coordinar o cronograma e as fases de execución das obras, foi o obxectivo da xuntanza. Un acordo que os representantes das asociacións, agradecen.
A peonalización da rúa Rei Daviña é a única experiencia deste tipo de obra coa que contan os comerciantes e hostaleiros de Vilagarcía. Unha decisión que tivo moi bos resultados para os negocios da zona. Por iso, o sector agarda a peonalización da rúa Castelao con expectación.
Dende o concello estímase que as obras estarán rematadas a principios de decembro e, se non fora así, os traballos paralizaríanse en Nadal, para evitar perxudicar ós negocios da zona. A peonalización de Castelao forma parte da iniciativa Humanización do entorno do río do Con, que afectará a outras rúas da zona como Brandariz, Xeral Pardiñas, Covadonga, Cobián e Arcebispo Andrade.
Redacción Salnés








