Ángela Otero: ‘Este premio é dos nenos da Illa’

    angela_otero100.jpgA ILLA> A Biblioteca xa conta co Premio de Dinamización Cultural, da Editorial Everest. A encargada Ángela Otero recibiu onte o galardón.

    {flowplayer}images/salnes/biblioteca_illa.flv{/flowplayer}

    A ILLA> A Biblioteca da Illa de Arousa xa conta co Premio de Dinamización Cultural 2010, da Editorial Everest. A súa encargada Ángela Otero recibiu onte á tarde o galardón nun emotivo acto no que ademais os seus lectores habituais lle renderon unha pequena homenaxe.

    Os proxectos O relax da lectura, O salón do cómic e Escolle os teus pratos preferidos valéronlle á Biblioteca da Illa o terceiro premio de Dinamización Cultural, que concedeu este ano a Editorial Everest. Para o Concello da Illa é todo un orgullo que se lle recoñeza á súa biblioteca o traballo que realiza para achegar ós nenos á lectura, máxime cando neste premio tivo 44 aspirantes de toda España, entre os que se atopaban as redes de bibliotecas de Madrid e Barcelona.

    A editorial Everest valorou precisamente o esforzo que supón para un concello de 5.000 habitantes como é a Illa o ter unha biblioteca tan dinámica. Por iso consideran que a metade do premio corresponde ós seus usuarios. A encargada da biblioteca Ángela Otero foi que recibiu tódolos parabéns pola consecución deste galardón, pero ela ten claro que é de tódolos nenos da Illa.

    O acto, celebrado onte á tarde no Concello, rematou cunha pequena homenaxe dos pequenos lectores á encargada da biblioteca. Amais de lerlle uns textos agasallárona cun ramo de flores.

    Redacción Salnés