O proxecto Pegasus levará medicinas e alimentos infantís dende Ribeira a Ucraína

RIBEIRA> Dentro das iniciativas solidarias de apoio ó pobo ucraíno destaca tamén a do mozo ribeirense Rubén Lijó. Coa súa furgoneta repleta, principalmente de medicamentos e alimentos infantís, ten previsto poñer rumbo á cidade de Leópolis.

Ademais da recollida de produtos de primeira necesidade, ten habilitada tamén un número de conta para poder colaborar.

Esta non é a primeira que este mozo ribeirense colabora cunha causa solidaria, xa que anteriormente estivo en Lesbos, Siria e no Sahara.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí