PONTEVEDRA > Máis de 900 estudantes de primeiro e segundo da ESO beneficiaranse este ano das semanas brancas 2006 que dende o ano pasado promove a Deputación de Pontevedra e que este ano conta coa colaboración incluso dalgún concello. As semanas brancas son viaxes nas que os rapaces se inician ó esquí nunha convivencia de cinco días na estación de San Isidro.
Pois para desfrutar de todos estes deportes o prazo de inscrición daqueles escolares de primeiro e segundo da ESO que o desexen están a tempo aínda de se inscribir para participar neste proxecto no que xa se apuntaron 900 alumnos de 25 centros educativos.
A Deputación asumirá un gasto de 90 euros por rapaz ós que, dependendo do concello, se lles pagaría trinta euros máis. Tendo o rapaz que aboar tan só 168 euros por unha viaxe á estación de Esquí de San Isidro en León que inclúe desprazamentos, estancia, seguros, cursos e diploma acreditativo.
Redacción Salnés