O concello de Boiro destina unha partida de 18 mil euros para cada parroquia

    BOIRO > Os membros do Grupo Municipal do BNG de Boiro, que forman parte do equipo de goberno, compareceron en rolda de prensa para dar conta das obras e inversións que se van realizar en cada parroquia con cargo ós presupostos municipais. Os propios veciños, a través das entidades e asociacións de cada parroquia, foron os encargados de escoller as inversións a realizar.

    Segundo confirmou o concelleiro de Participación Cidadá, Antón Vidal, cada unha das oito parroquias do concello dispón dun presuposto propio asignado de 18 mil euros, que serán investidos en diferentes actuacións.

    Os propios veciños, a través das entidades e asociacións de cada parroquia, foron os encargados de escoller as inversións a realizar.

    Así en Abanqueiro adquiríronse diversos xogos infantís e recuperarase un cruceiro no lugar de Triñáns.

    En Boiro construirase un lavadoiro en Mosquete e comprarase uns 25 bancos para colocar polas distintas aldeas.

    Na parroquia do Castro decidiuse investi-lo seu presuposto na construción dunha pasarela peonil cuberta no colexio de Valiño e en Lampón levarase a cabo o empedrado da igrexa.

    Polo que respecta ás parroquias de Bealo, Cures, Cespón e Macenda os veciños optaron por acondicionar diversos locais, fundamentalmente antigas escolas unitarias, para destinalos a centros sociais.

    Con estas actuacións estase a completar unha rede de locais sociais polas parroquias que se verá culminado cos centros de Abanqueiro e Cabo de Cruz, en vía de execución.

     O alcalde, Xosé Deira, sinalou que o concello persegue con este tipo de actuacións fomenta-la participación dos veciños na vida municipal, destacando que son eles mesmos os que escollen as obras a realizar.

    Redacción Barbanza