30 veciñas de Lousame recibirán formación laboral individualizada

LOUSAME> O concello de Lousame porá en marcha un plan de emprego feminino a finais de ano. Está dirixido a mulleres de entre 18 e 65 anos interesadas en acceder ó mercado de traballo. Será gratuíto e o número de prazas está limitado a 30.

‘Xeración 20=22’ é o título do obradoiro de emprego para mulleres que vai poñer en marcha o concello de Lousame durante o último semestre do ano. Vai dirixido a veciñas do municipio de entre 18 e 65 anos interesadas en acceder ó mercado laboral. Entre os contidos, eminentemente prácticos, recibirán formación sobre como preparar unha entrevista de traballo ou técnicas de márketing dixital entre outros.

A empresa Sensecit será a encargada de impartir o seminario que se dividirá en tres seccións categorizadas como emprego,m dixital e autoemprego.

Os cursos darán comezo en setembro. As interesadas xa poden realizar a inscrición no concello, permanecerá aberta ata finais de agosto. Cada grupo estará integrado por un máximo de dez mulleres para garantir unha formación individualizada.