Salomé Peña anuncia novos cursos de formación dentro do programa Berenguela

    RIBADUMIA > O segundo curso do programa Berenguela de Ribadumia chegou xa á súa fin. A alcaldesa fixo entrega es na Casa da Piolla dos diplomas ás participantes. Unha ducia de mulleres de entre dezaseis e vintecinco anos recolleron os títulos que as acredita como camareiras de piso.

    Varias as mozas de Ribadumia que recibiron de mans da alcaldesa Salomé Peña o diploma que as acrediata como camareiras de piso, posaban orgullosas con el. Tras pasar tres meses formándose hoxe están xa en disiposición de incorporarse ó mercado laboral.

    Durante as 390 horas que durou o curso de axudante de cociña, o último que se vén de clausurar e durante o anterior (o de camareira de pisos), de mans do profesor, David Alcalde, aprenderon moito do mundo da hostalería. Na primeira edición do curso, celebrada o ano pasado, atoparon traballo o 80% das alumnas. Un dato que alenta ó concello a convocar novas edicións para o vindeiro ano.

    Redacción Salnés