Os usuarios da residencia de Ribadumia fan 300 trampas contra a avespa velutina

RIBADUMIA> Os usuarios da residencia de Ribadumia decláranlle a guerra á avespa velutina. Un grupo de residentes creou 300 trampas, elaboradas con botellas reutilizadas. Xa llas entregaron ao concello. Agora, vanas distribuír por todo o municipio, coa axuda do alumnado do colexio Julia Becerra Malvar e Protección Civil.

300 trampas ‘made in Ribadumia’ para loitar contra a avespa velutina. Detrás delas están un grupo de usuarios da residencia DomusVi da localidade. Foron elaboradas no marco dunha iniciativa en defensa do medio ambiente, impulsada polo centro. Hoxe, entregáronllas ao concello de Ribadumia para que as instale por todo o municipio.

Ademais, con esta actividade, os usurios puideron reutilizar parte dos refugallos plásticos que xeran no seu día a día. As trampas xa están en mans do Concello de Ribadumia. A partir de mañá van comezar a instalalas para evitar novos niños e previr así a propagación da especie. O alumnado do colexio Julia Becerra Malvar tamén está implicado nesta causa. En colaboración con Protección Civil, vanse encargar de distribui-las trampas.

O ano pasado, tan só en Ribadumia retiráronse 350 niños de avespa velutina.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí