O BNG carga de novo contra o PP polo caso Pinar de Maza

    CAMBADOS> O voceiro dos nacionalistas avisa que recurrirán á vía xudicial se é necesario.

    {flowplayer}images/salnes/DenunciaBNGCambados_301012.flv{/flowplayer} 

    O BNG acudirá ós xulgados se é que non atopa unha resposta ás súas denuncias sobre o caso Pinar de Maza. Dende a formación nacionalista din estar fartos de non obter resposta nin de concello, nin dos diferentes organismos dependentes da Xunta á hora de pedirlles as licenzas destas obras que van destinadas á plantación de viñedos. 

     Victor Caamaño acusa ó alcalde Luis Aragunde por permitir unha actuación fora da lei, así como a José Manuel Cores Tourís, ata o de agora delegado da Xunta en Pontevedra, que ten participación en réxime de gananciais con Dismaterra SL, a empresa responsable desta actuación. O edil Juan Ramiro Gómez Blanco tamén está no punto de mira.

    Para os nacionalistas é unha obra dobremente ilegal porque non ten licencias municipais e porque se fai un cambio do uso do solo. O BNG di que a única fórmula para legalizar esta plantación pasaría por unha reforma das normas subsidiarias do Planeamento Urbanísitco.

    Caamaño asegura que o departamento xurídico do seu partido está a traballar neste caso, sopesando a posiblidade de levalo ós xulgados, xa sexa pola vía penal ou polo contencioso-administrativo.

    Redacción Salnés