NOIA> A reforma ten coma principal obxectivo a estabilización da estrutura do inmoble e a eliminación das humidades. A actuación conta cun orzamento duns 40 mil euros, dos que a metade son aportados pola Secretaría Xeral para o Deporte.
As obras que se están a levar a cabo no edificio do Club de Remo contan cun orzamento duns 40 mil euros, financiados a través dun convenio asinado polo Concello coa Secretaría Xeral para o Deporte, organismo que aporta o 50% do custe da actuación.
Segundo explicou o alcalde, Santiago Freire, a mellora do edificio ten coma principal finalidade a estabilización da súa estrutura, ó tempo que se busca tamén a súa impermeabilización.
O Concello traballa tamén en aumentar as instalacións das que dispón o Club de Remo. Así ten intención de acondicionar e equipar unha antiga nave situada en Abruñeiras, na parroquia de Barro, hoxe xa propiedade municipal, para que sexa tamén empregada polo Club para as súas actividades e almacén.