A Pobra promove tres cursos dirixidos a persoas con discapacidade

POBRA> A concellería do Desenvolvemento Local organiza, da man de FSC Inserta, un itinerario formativo dirixido a persoas con diversidade funcional. A proposta contará de tres cursos.

O primeiro deles arrancará xa a finais deste mes de maio. Será o de limpeza en instalación e equipamentos industriais.

Posteriormente realizaranse tamén dous máis. Un de recepción e procesamento de peixes e mariscos e outro de manipulación de cargas con carretas elevadoras, traspalés e de man. Os tres cursos serán financiamento da Fundación ONCE e do Fondo Social Europeo.

Cada curso conta con 15 prazas e a matrícula débese formalizar mediante o teléfono de contacto 981-554483 ou a través do Servizo de Orientación Laboral do Concello, onde os interesados poderán obter tamén máis información. Entre os requisitos para as persoas aspirantes…

Este tipo de accións formativas acadan un alto índice de insercións laboral, en moitos casos por riba do 50% dos participantes.