VILAGARCÍA > A xestora local do PP de Vilagarcía conta xa coa dimisión dos tres ex concelleiros Luis García, María Isabel Fernández e Marcos Barros. Os tres volveron a remitir un comunicado conxunto no que negan que se vaian a presentar ó congreso local e lanzan duras críticas contra Tomás Fole. Pola contra, o voceiro do PP municipal sí conta co apoio expreso da xunta xestora local, que lamenta estas discrepancias.
Os ex edís do PP de Vilagarcía Luis García, María Isabel Fernández e Marcos Barros aseguran nun comunicado conxunto que non teñen intención de presentarse ó Congreso Local de Vilagarcía. Desminten así as palabras do presidente local Tomás Fole que o pasado venres incluso os animaba a presentarse a este proceso. Os tres dimisionarios tampouco entenden que Fole se vise sorprendido por presentaren esta renuncia coindicindo coa convocatoria do Congreso Local.
Os tres lembran que a gravidade da situación xa se falou nos órganos do partido ó longo do mes de xaneiro e que tiñan coñecemento do seu desexo a renunciar desde o 1 de febreiro. Os es concelleiros populares aclaran que lles foi imposible chegar a acordos pola actitude tozuda e intransixente de Tomás Fole. Din que o partido se lles plantexou opción mentres que Fole non admitiu inxerencias nin imposicións, polo que xa non viron solución.
Os tres rematan o comunicado desexando que Fole poida entender algún día que xente que entra en política por vocación, dándolle ó partido esforzo e traballo, sen buscar nada a cambio, e que esa dedicación non se pode pagar con prepotencia, mal trato e mentiras porque entonces esa xente se vai.
Sen embargo, Fole sí conta co apoio expreso da xunta xestora local, que remitiu tamén un comunicado asinado polos seus membros. O partido lamenta estas discrepancias. Recoñece que se intentaron solucionar dentro da propia xestora pero ó non ter solución vez coherente a decisións dos tres compañeiros. Consideran que coa incorporación dos tres novos concelleiros, o PP de Vilagarcía seguirá traballando.
Redacción Salnés