VILAGARCÍA> Batman será o eixo temático da edición deste ano do Curtas de Vilagarcía. O festival arranca o vindeiro 25 de outubro, coa proxección de case 120 filmes. Deles, preto dun cento van ser estreas, 15 delas mundiais. Ademais, o festival complétase con moitas outras propostas, como a feira de artesanía e obxectos curiosos, a cea do baile dos vampiros ou a visita do Batmóbil.
Esta é a carta de presentación da 52 edición do Curtas de Vilagarcía. O festival vaise celebrar a partir do 25 de outubre, ateigando a cidade de curtas e longametraxes. En total, vanse proxectar 113 títulos, con 31 países representados.
Este ano, o eixo condutor do festival vai ser Batman. Arredor desta temática terá lugar outra das grandes propostas deste ano.
Pero o festival vai moito máis alá, cun espazo propio para o novo talento galego, a feira de artesanía e obxectos curiosos, a cea do baile dos vampiros e, como non, a visita do Batmóbil á cidade. Unha proposta amplísima, que sitúa a Vilagarcía no mapa do audivisual galego, da península e internacional.
Ademais do Concello de Vilagarcía, tamén patrocina o Curtas a Deputación de Pontevedra.
O festival prolongarase ata o 3 de novembro. No caso das exposicións paralelas, estarán dispoñibles na sala Rivas Briones e antesala do Salón García ata o 15 de novembro.








